A Fundación “La Caixa” convoca bolsas de posgrao e de doutoramento en España e no estranxeiro


Estudos de Posgrao en Europa

75 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES), salvo España. Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos predoctorales de investigación científica e técnica. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xaneiro de 2020.

Estudos de Posgrao en América do Norte e zona Asia-Pacífico

45 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos o Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapur e China). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos predoctorales de investigación científica e técnica. Prazo: 18 de marzo de 2020

Estudos de doutoramento en España e Portugal

INPhlNIT — Incoming: 35 becas de doctorado para mozos/as investigadores de todas as nacionalidades, para a realización de estudos de doutorado en centros de investigación de excelencia de España e Portugal Prazo: ata o 4 de febreiro de 2020.

INPhlNlT Retaining: 30 becas de doutorado para mozos/as investigadores de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutorado en calquera disciplina e en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal. Prazo: 26 de febreiro de 2020

Máis información na seguinte ligazón:

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/becas-de-la-caixa/ programas-de-becas