A Fundación Universia convoca Becas para estudantes universitarios con discapacidade para o curso académico 2019/20


A beca ten por obxeto fomentar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades a través dunha educación inclusiva.

Mediante a concesión de axudas económicas esta iniciativa persegue que os estudantes universitarios con discapacidade poidan acceder e progresar no seu proceso de formación académica universitaria ata a finalización de estudos, incrementando deste xeito as oportunidades de consecución dun emprego de calidade.

Beneficiarios/as: Estudantes españois ou estranxeiros residentes en España que se atopen matriculados ou estean en condicións de matricularse, por primeira vez, en ensinos de grao e de máster impartidas por calquera universidade do mundo e que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo, incluiranse os ensinos de plans de estudo antigos e títulos propios de máster. As solicitudes serán unipersonales e só se admitirá unha solicitude por persoa.

Modalidades:

  1. Acceso: dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez en estudos universitarios de grao.
  2. Progreso: dirixidas a estudantes que xa accedesen á universidade.
  3. Mobilidade: dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de intercambio da propia universidade, desexen realizar un período de formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa de Orixe con destino internacional.
  4. De Plan ADOP: dirixidas a estudiantes deportistas con discapacidade adscritos ou Plan ADOP, de novo acceso ou que xa estén realizando estudos universitarios.
  5. De LaLiga Genuine Santander: dirixidas a estudantes, membros dalgún Club/SAD que participe en LaLiga Genuine Santander que se matriculen no curso 2019/2020 en formaciones universitarias específicas para “xóvenes con discapacidade intelectual”.

Lugar de presentación de solicitudes: únicamente por vía telemática cumprimentando o formulario e adxuntando a documentación adicional en formato Word .doc ou Adobe Acrobat .pdf. Os Servizos de Atención ás Persoas con Discapacidade de cada universidade servirán de nexo de unión entre o estudante e Fundación Universia, proporcionándolle ao primeiro a información necesaria para a correcta presentación da súa solicitude. Prazo: ata 0 18 de outubro de 2019 ás 18.00 h.

Máis información:

servizos sociais municipais, no teléfono: +34 91 289 56 03 ( en horario de luns a xoves de 9.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00, e os venres de 9.00 a 15.00 horas).

Na web https://www.fundacionuniversia.netlcorreo/contacto-contacto.html https://becas.fundacionuniversia.net/es

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN A Fundación Universia convoca Becas para estudantes universitarios con discapacidade para o curso académico 2019/20