“A viaxe de Nano” no Punto de Atención á Infancia


O próximo mércores día 17 de abril, no PAI do Concello de Tordoia, poderase desfrutar do espectáculo de Raquel Queizás “A viaxe de Nano”.

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.

Sinopse: Nano está aprendendo pouco a pouco o nome das cousas, as cores…, todo o fai xogando, ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.

Raquel Queizás é actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias.