Aberta a convocatoria para o curso 2019/20 das axudas económicas para a atención da primeira infancia


Mediante Bando da Alcaldía infórmase aos veciños e veciñas que xa está aberta a convocatoria para o curso 2019/20 das axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantis 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia.

Persoas beneficiarias: Familias residentes na CA de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  • Ter unha filla ou fillo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.
  • Estar en calquera das circunstancias seguintes:
  • Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
  • Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
  • Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
  • Ter obtido axuda deste programa no curso 2018/19 e solicitala para a mesma nena ou neno.
  • Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2019/20 e e solicitala para un irmán ou irmá.
  • Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
  • Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que supere o custo da praza.

Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente

Axudas: Consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de 1 1 meses. A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar.

Prazo de presentación: Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata 0 12 de xullo de 2019.

Para máis información ou tramitación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Bando Aberta a convocatoria para o curso 2019/20 das axudas económicas para a atención da primeira infancia