Aberto o prazo de inscricións para o curso de técnicas de búsqueda de emprego


O Concello de Tordoia celebra nas próximas datas un curso de técnicas de búsqueda de emprego, dirixido especialmente a personas en situación de desemprego.

Con este curso búscase proporcionarlle aos participantes unha axuda práctica no proceso de atopar un traballo, explicando conceptos como a elaboración do currículo, entrevistas de traballo, fontes de información para a búsqueda de ofertas ou portais de emprego en Internet.

As persoas que desexen asistir deberán inscribirse de 16.00 h a 21.00 horas na Casa da Cultura, ou chamando ao 981 683 006.