Aberto o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos Celga 2 e 4   ¡Novedad!


Desde o Concello de Tordoia se informa á veciñanza que xa están convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, do ano 2019. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019 en Santiago e Ponferrada.

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes organizará e impartirá unhas sesións de preparación, como vén sendo habitual, de 20 horas de duración, do 8 de outubro ao 7 de novembro, en dúas sesións de mañá á semana, martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas. O prazo para inscribirse remata o 3 de outubro.

Nas seguintes ligazóns pode consultarse a resolución da convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a sede electrónica para a realización dos trámites e o enlace para o pago telemático das taxas:

IR Á LIGAZÓN DOG convocatoria probas Celga

IR Á LIGAZÓN Sede electrónica probas Celga

IR Á LIGAZON Pago taxas axencia tributaria de Galicia