Aberto o programa de Talasoterapia 2019


O Alcalde Amadeo Cancela, informa a través dun bando, que xa está posto en marcha o PROGRAMA DE BENESTAR A TRAVÉS DA TALASOTERAPIA 2019 da Consellería de Política Social.

A talasoterapia é o método terapéutico que se basea na utilización do medio mariño (auga de mar, algas, barro e outras sustancias extraídas do mar) e do clima como axente terapéutico. Mediante este programa ofértanse un total de 362 para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar a través da Talasoterapia 2019.

Persoas beneficiarias e requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
  3. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  4. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  5. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

A persoa solicitante poderá ir acompañada de: O seu oú a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, un filio ou filia que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

Duración:

As quendas teñen una duración de 6 días, con cinco noites cada unha, e comprenderán desde as catorce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de novembro de 2019.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o día 2 de maio do 2019.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando apertura programa de Talasoterapia 2019