Aberto un novo programa de axudas para mulleres


Mediante Bando da Alcaldía infórmase aos veciños e veciñas da convocatoria por parte da Secretaría Xeral da lgualdade do Programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas 2019.

O obxecto deste programa de axudas é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan filias ou fillos menores e/ou menores en acollida, de entre 2 e 12 anos de edade, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.

Convócanse 90 prazas cunha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da lgualdade.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2019.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando apertura programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas 2019