Aprobadas as bases e a convocatoria das axudas da tarxeta benvida


Pola Orde do 21 de decembro de 2018 se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados ou adoptados/as no ano 2019 e se pocede á súa convocatoria (DOG nº. 248 do 31/12/2018).

Estas axudas teñen como obxecto a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2019 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda no ano 2018, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación.

Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla nado/a en 2018 durante o seu primeiro ano de vida a razón de 100 €/mes.
Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos, nas seguintes contías:

  • 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
  • 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
  • 2.400 €/ano, a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

As solicitudes deberán presentarse nos Servizos Sociais comunitarios. Os datos de contacto dos Servizos Sociais municipais son:

Baixo da Casa do Concello

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio

Pode descargar o bando de Alcaldía na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando axudas tarxeta benvida