Axudas para ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña


As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,50 € para os e as menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias e requisitos: As familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, con renda per cápita da unidade familiar que non supere os 10.500 € anuais. Para os efectos desta orde enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa, que debe estar en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata 0 2 de decembro de 2019

Máis información:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Axudas para ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña