Convocadas as bolsas de formación en asuntos relacionados coa Unión Europea


Pola Orde do 7 de decembro de 2018 se autoriza a a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión (en réxime de concorrencia competitiva) de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, en asuntos relacionados coa Unión Europea (DOG nº. 242 do 28/12/2018), e, polo Anuncio do 28 de decembro de 2018 polo que se convocan seis bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea para realizar prácticas nas oficinas da Fundación Galicia Europa (FGE) en Santiago de Compostela e en Bruxelas (DOG nº. 248 do 31/12/2018).

Duración e modalidades: a duración máxima será de once meses:

1. Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega. Unha delas desenvolveranse na oficina da FGE en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.
2. Duas bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos. Unha delas desenvolveranse na oficina da FGE en Santiago de Compostela e a outra na oficina de Bruxelas.
3. Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.

Contías:

  • Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Santiago de Compostela: Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 12.050 €, e Seguridade Social: 422,88 €.
  • Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Bruxelas: Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 14.620 €. Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 500 € e Seguridade Social: 422,88 €.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo 11) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.qal.

O prazo para a presentación de solicutudes é ata o 31 de xaneiro de 2019.

Pode descargar o bando da Alcaldía na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando prácticas Unión Europea