Curso preparatorio do Celga 2


O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade vai impartir un curso preparatorio de Celga 2. Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

O curso terá 40 horas de duración e impartirase entre 28 de marzo e 23 de maio, os luns e xoves en sesión de mañá (de 10.00 h a 12.30 horas).

As persoas interesadas poderán inscribirse nesta proposta formativa ata o 22 de marzo chamando ao 981 680 002.