Éxito de participación na Andaia e na Pedestre do Concello de Tordoia


O concello de Tordoia ven de celebrar como cada ano a Carreira Pedestre e a Andaina, que tivo unha moi importante participación en todas as súas categorías.

Na carreira absoluta, os primeiros foron en categoría masculina Juan José Álvarez Cures e Rocío Alvite Ferreiro na femenina. A nivel local, os primeiros clasificados foron Damián Baleato Calviño e Chus Orgeira Rey.

Neste día, tamén houbo cabida para a solidaridade, xa que a Cruz Vermella de Ordes estivo recollendo material escolar donado polos asistentes e participantes no evento.