O Concello informa de que as axudas do cheque bebé municipais seguen abertas


O Concello de Tordoia informa aos veciños e veciñas que segue aberto o prazo para solicitar as axudas do “cheque bebé” municipal.

O obxecto destas bases consiste no establecemento de medidas complementarias de apoio ás unidades familiares do Concello de Tordoia mediante o deseño de mecanismos que axuden a fixar a poboación evitando deste xeito o despoboamento. Visto que o descenso da natalidade constitúe un problema estrutural que provoca graves consecuencias económicas e sociais, dende as distintas administracións públicas, estanse a promover medidas que poñan freo a esta situación, considerando de interese público o apoio as familias e o fomento da natalidade como un beneficio para o conxunto da sociedade.

Para ser beneficiarios destas axudas os/as pais/nais deberán estar empadroados/as en Tordoia, e que teñan ou adopten un/unha fillo/a no período comprendido entre o 15 de xuño de 2019 e o 16 de xuño de 2020 e cumpran os seguintes requisitos.

– Os pais/as nais deberán estar empadroados no Concello de Tordoia cunha antelación mínima á data do parto ou adopción de 1 ano ininterrompido. A contía por cada proxenitor empadroado no Concello de Tordoia será de 200 €.

– Os/as nenos/as nados/as, ou adoptados/as, deberán inscribirse no padrón de habitantes do Concello de Tordoia.

As persoas interesadas poden consultar as bases na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bases reguladoras para a concesión de axudas a prol da natalidade