O Concello abrirá o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia de Tordoia o 1 de marzo para todos aqueles nenos e nenas xa matriculados no PAI antes do 31 de xaneiro , que gozarán de preferencia para a adxudicación de praza. Este prazo de reserva de praza rematará o 31 de marzo de 2019. Pola súa banda, o prazo de preinscrición para nenos e nenas entre 3 meses (na data de ingreso) e tres anos de idade abrirase do 1 ao 31 de maio de 2019.
Posteriormente, o Concello comunica que foi aprobado pola Alcaldesa Inés Santos mediante resolución de Alcaldía, que o prazo de matrícula para os nenos e nenas que fixeron reserva de praza e preinscrición nos prazos anteriormente abertos establécese do 17 ó 28 de xuño de 2019.
Na seguinte ligazón pode consultar o bando publicado: