O Concello publica o primeiro boletín de actividades municipais


Desde hoxe os veciños e veciñas de Tordoia teñen unha nova canle de comunicación da información municipal, pois xa está na rúa o primeiro número do boletín de actividades do Concello de Tordoia.

Destaca neste primeiro exemplar a publicación das actividades deportivas municipais deste novo curso 2019-2020, e da que todos os interesados poderán informarse máis pormenorizadamente así como realizar as inscricións no Ximnasio Municipal. Entre a oferta proposta hai actividades destinadas a adultos (como pilates, steps, cachibol) e tamén para nenos e nenas (predeporte, multideporte, bádminton ou voleibol).

Así mesmo, no boletín poderán atopar a programación de actividades culturais previstas dos meses de outubro, novembro e decembro.