O Mago Teto levará mañá “As Nosas Letras” á biblioteca municipal


Mañá xoves 26 de setembro, ás 10:30 horas, a biblioteca municipal acollerá a actuación do Mago Teto, que achega o seu espectáculo “ As nosas letras”. A actividade está enmarcada dentro do Programa “ Ler Conta Moito”, e dirixida aos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

Neste espectáculo, o Mago Teto rende unha homenaxe a cultura, a tradición e as costumes galegas a partir da literatura escrita en galego. Dende as primeiras manifestacións literarias en galego no Medievo, ata as letras das cancións dos grupos da nosa terra escritas nos últimos anos, pasando polos Séculos escuros,o Rexurdimento, e o século XX, coas súas guerras que tanto influíron nas nosas letras.