Proba de sirenas da presa de Vilagudín


O próximo 19 de xuño de 2019, ao longo da tarde, vaise a realizar unha proba de sirenas da presa de Vilagudín que, no caso de producirse un incidente grave, actuaría como elemento de aviso á poboación.

Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns.

Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non se verá afectada, e pode continuar coas súas actividades habituais.

Descarga Bando Proba de sirenas da presa de Vilagudín