Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sostible


Mediante Bando da Alcaldía infórmase aos veciños e veciñas da convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES).

Poden ser beneficiarios destas axudas:

1 . Os profesionais autónomos

  1. As persoas físicas
  2. Comunidades de propietarios
  3. Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece poias letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W
  4. O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes comezará no prazo de dous meses contados a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria, comezará as 9.00 horas do 17 de xuño e permanecerá aberto ata 0 31 de decembro de 2019.

Lugar de presentación: A solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas para tramitar as Actuacións 1 e 2.

Para máis información ou tramitación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Bando Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sostible