Publicada a convocatoria de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas


O Concello de Tordoia informa da convocatoria deaxudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno a Galicia.

Poden ser beneficiarios destas axudas as persoas galegas e nacidas en Galicia e os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as.

Os requisitos que deben cumprirse para realizar a solicitude destas axudas son:

  • Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
  • Non ter transcorrido máis de 1 ano entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante as previstas nesta resolución. Entenderase como rendas ou ingresos suficientes os que non superen, en cómputo global, o IPREM, e relativos á renda per cápita da unidade familiar
  • Estar empadroado e ter residencia nun concello da C.A. de Galicia.
  • Carecer de bens mobles cuxo valor supere o límite de 12.000 € máis 2.000 € adicional por cada membro da unidade familiar e/ou de inmobles cando a suma dos seus valores de todas as persoas que integran a u. familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000€.

Quedan excluidas destas axudas as persoas que resultaran beneficiarias destas axudas nas tres convocatorias anteriores.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de agosto de 2019.

Para máis información ou tramitación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Bando axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas