Publicadas as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019


Obxecto: Recoñecer e visibilizar o talento e capacidades da xuventude galega, nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación.

Premios: Outorgarase un premio en cada unha das modalidades de 5.000 euros por modalidade, así como unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

Persoas destinatarias e requisitos:

  1. Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  2. Estar domiciliadas na CA de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  3. Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Documentación: Solicitude (anexo l), xunto coa seguinte documentación:

  1. Memoria individualizada descritiva do proxecto ou traxectoria que opta ao premio, na modalidade de que se trate, que poña de manifesto os seus aspectos máis relevantes e valiosos e que conteña expresa mención dos méritos en que se fundamente a solicitude (anexo ll).
  2. Curriculum vitae da persoa candidata.
  3. Documentación oficial acreditativa dos méritos alegados.

Prazo: ata 0 21 de novembro de 2019

Bases e inscricións na páxina web wwvv.becas.faortega.org

Máis información:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Publicadas as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019