Talleres educativos para o alumnado do CPI Pecalama sobre “violencia de xénero e o novo contexto dixital”


No CPI Pecalama se realizarán este luns tres de decembro os talleres educativos para o alumnado de ESO sobre “violencia de xénero e o novo contexto dixital”. Se trata de talleres educativos centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia de xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión….

A actividade, organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Benestar, Igualdade e Muller, coa colaboración do persoal do CPI Pecalama, será impartida por pantallas amigas, entidade cunha dilatada experiencia neste tema, e enmárcase no acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias, a través do o cal se poñen en marcha diversas actuacións enmarcadas na rede de entidades locais contra a violencia de xénero da que forma parte o concello de Tordoia.

Os talleres teñen como obxectivo ensinar aos e as menores o adecuado manexo das redes sociais, a súa finalidade e as repercusións que poden ter determinados comportamentos de risco.

Potenciar o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, co fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e a procura da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital, é necesario na actualidade, porque os e as menores poden ter unha percepción do risco máis baixa na hora de compartir os perigos que ten difundir determinadas fotografías ou vídeos a través de internet e das redes sociais.

É necesario deixar de considerar os nenos e nenas preadolescentes como vítimas pasivas dos riscos da Rede e tomalos como elementos activos, dándolle a formación necesaria.

Os datos mostran a importancia e transcendencia do tema. Segundo datos do Ministerio do Interior, a maioría dos menores utiliza internet mais de duas horas diarias, a subida de fotos e vídeos á rede está xeneralizada entre os e as menores, dous de cada tres menores teñen perfil nas redes sociais, unha cuarta parte dos menores recoñece ver contidos inadecuados na internet, un terzo dos contactos que teñen os menores na internet son de persoas que non coñecen persoalmente. Internet é un excelente medio de información e comunicación ao que non podemos nin debemos renunciar pero tampouco podemos permanecer de costas dos riscos que comporta un mal uso das novas tecnoloxías.