Tordoia informa do desenvolvemento dun programa de prevención da violencia contra as mulleres


O Concello de Tordoia promove un programa de sensibilizacion, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres a través do uso seguro, saudable e responsable das tecnoloxías conectadas entre o alumnado do CPI Pecalama, as súas familias e a veciñanza en xeral.

O programa desenvolverase entre os días 20 e 27 de setembro tanto no centro de ensino como na Casa da Cultura municipal, e ten como obxectivo proporcionar aos más novos, ás súas familias e á veciñanza en xeral, unha referencia clara de cales son as oportunidades que nos brindan e que riscos poden presentarse ao usar as tecnoloxías de información e comunicación. Así mesmo, búscase ofrecer prácticas saudables e reflexivas, e medidas para evitar conflitos ou minimizar as súas consecuencias. Así, poranse enriba da mesa conceptos como o ciberacoso, os ciberdelitos, a protección de datos, as TIC`s, ou o pensamento crítico e as prácticas saudables ao respecto das novas tecnoloxías.

Destaca a sesión do día 26 de setembro na Casa de Cultura, de 17.30 a 19.30 horas, aberta á veciñanza e que ten como obxectivo analizar as medidas de prevención que permitan ás familias acompañar aos fillos e fillas para facer frente ás situacións de risco deriva­das do uso de internet, móviles e outros servizos e tecnoloxías conectadas.

O programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da lgualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Na seguinte ligazón pode descargarse o díptico do programa a desenvolver:

IR Á LIGAZÓN Díptico programa uso seguro, saudable e responsable das tecnoloxías conectadas