Xornada de portas abertas polo Día Mundial da Saúde Mental


O Concello de Tordoia informa que Andaina Pro Saúde Mental convida o día 10 de outubro a sesión de portas abertas ás 11.30 horas e a unha charla a cargo da Profesional Lola Ferreiro Díaz sobre Mulleres e Saúde Mental de 11.45 h ás 13.00 horas, en R/ Emilia Pardo Bazán, 14 Baixo Ordes.

Así mesmo trasládase que xa está activa a web informativa sobre o suicidio que se preparou no marco do Día Mundial da Saúde Mental 2019 e á que pode accederse na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Web conecta con la vida