A Fundación Amancio Ortega abre o prazo para solicitar as súas bolsas de estudos


O Alcalde Eduardo Antonio Pereiro Liñares vén de publicar un bando para anunciar a convocatoria pola Fundación Amancio Ortega do seu programa de becas, 600 bolsas de estudos das cales 100 asignaranse aos participantes dos centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa está dirixido a estudantes de 4º da ESO de centros de España que desexan cursar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o curso académico 2020/2021.

A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 23 de setembro ao 30 de outubro de 2019 (apertura e peche: 13.00 horas).

Poden consultarse as bases na seguinte ligazón da web da fundación:

IR Á LIGAZÓN Páxina oficial do programa de becas Fundación Amancio Ortega

Máis información nas oficinas dos Servizos Sociais municipais:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bolsas de estudos Fundación Amancio Ortega