Aberto o prazo para solicitar axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2019/2020 na UDC


Convocadas as axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2019/2020 na UDC co fin de contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes a obtención dun título universitario oficial de Graduado, Mestrado ou Doutoramento.

Obxecto: Contribuír a paliar as dificultades económicas ao alumnado que lle impidan continuar os estudos conducentes a obtención dun título universitario oficial de Graduado, Mestrado ou Doutoramento.

Contía: acontía da axuda non poderá superar os 1.500 € e terá por finalidade sufragar os prezos públicos da matrícula. A axuda nunca poderá sufragar os prezos públicos dos créditos ou materias obxecto de terceira e sucesivas matrículas, nos casos dos Graos, e da segunda matrícula no caso dos Mestrados.

Solicitantes: Poderán solicitar estas axudas o alumnado matriculado no presente curso académico 2019/2020 na Universidade da Coruña en estudos universitarios oficiais conducentes a obtención dos títulos de Graduado, Mestrado ou Doutoramento

Prazo: ata 0 30 de abril de 2020

Inscricións na páxina web :

https://sede.udc.gal/services/electronic board/EXP2019/007847

Máis información:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Aberto o prazo para solicitar axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2019/2020 na UDC