Alumnado do CPI Pecalama visitan o Dolmen de Cabaleiros


Alumnado de 5 anos de infantil do CPI Pecalama de Tordoia, realizaron unha saída para coñecer por primeira vez o dolmen de Cabaleiros. A actividade desenvolveuse dentro do programa “Patrimonializarte”, que se levou a cabo durante todo o curso baixo a coordinación de Leticia Castro que participa no grupo de investigación RODA da USC.

Logo de coñecer na aula a historia do dolmen, as súas características e o seu estado de conservación, piden que se coide este ben e puxéronlle unha bufanda a modo de reivindicación. O programa pretende achegar o patrimonio aos nenos e nenas, ademais de conciencialos sobre a importancia de conservar estes bens.