Ampliado o prazo para a solicitude de axudas para emigrantes retornados


O Alcalde, Antonio Eduardo Pereiro Liñares, informa aos veciños e veciñas mediante Bando da Alcaldía que a Secretaría Xeral de Emigración vén de informar da ampliación do prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas.

Dito prazo amplíase ata o 31 de outubro de 2019.

Máis información na nova publicada polo Concello e que se encontra dispoñible na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Publicada a convocatoria de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas