Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021


O Concello de Tordoia informa da convocatoria das axudas ao alugamento de vivenda 2019 dentro do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

O obxecto desta convocatoria é a concesión e renovación das distintas axudas ao alugamento de vivendas:

  1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
  2. Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro de 2019, e deberá realizarse através da sede electrónica da Xunta ou no Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Máis información nas oficinas dos Servizos Sociais municipais:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021