Bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018


Don Antonio Pereiro Liñares, alcalde do Concello de Tordoia (A Coruña)

FAI SABER: que pola Orde do 29 de decembro de 2017 se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (BS410A). (DOG nº 22 do 31.01.2018)

Persoas beneficiarias: persoas que teñas fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que componen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este periodo, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías). Enténdese por unidade familiar a formada porlo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

Contía da axuda: a prestación consitirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos que a mesma filla ou fillo poida dar a lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360€

Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros

Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros

Prazo de presentación: 35 días hábiles, contando a partir do día, seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 1 de febrero ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluidos.

Información e tramitación: servizos sociais comunitarios.

Tordoia 5 de febreiro de 2018

O Alcalde

Descarga Bando Bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018