Campaña Día Mundial do Medio Ambiente


O Concello pon en marcha a campaña #RRR, que trata de concienciar aos veciños sobre a importancia de separar os residuos para a súa reciclaxe.

Baixo o título “#RRR. O MEDIO AMBIENTE NECESITA A TÚA AXUDA”, a campaña toma a forma dun microsite onde o internauta atopará un manual de boas prácticas, sinxelos consellos para diminuír a producción de residuos urbanos e para alongar a vida útil dos produtos, así como catro interesantes microvídeos a través dos cales se explica a importancia de separar os refugallos en orixe e depositalos no contedor axeitado, concretando o que debe e non debe ser depositados nos principais contedores que os cidadáns teñen á súa disposición nas vías públicas.

A continuación a ligazón para acceder a este microsite: http://www.sogama.gal/reciclaxe/index.html