Convocadas as axudas económicas dirixidas ás fillas e fillos das vítimas por violencia de xénero


A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

Obxecto:
Dar cumprimento a varias das medidas do pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e proporcionar apoio económico ás persoas citadas no seguinte apartado, cunha indemnización de axuda directa, co obxecto de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor de violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.

Tipos de axudas:
1. Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero e que dependan economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requirisen hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

Requisitos das persoas beneficiarias:
Fillos e fillas: No caso de menores de edade non hai límite de ingresos. No caso de maiores de idade ata 30 anos inclusive, deben depender económicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase así cando na data do falecemento as persoas beneficiarias convivisen coa nai e non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual, superasen 12 mensualidades do IPREM vixente.

As mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que se producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos: Ser muller, maior de idade ou emancipada, e Atoparse nunha situación de
precariedade económica. Entenderase así cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a
que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o
importe do IPREM vixente.

Prazo de presentación:
Ata o 30 de novembro de 2019.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando axudas económicas dirixidas ás fillas e fillos das vítimas por violencia de xénero