Convocadas as axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de suministro eléctrico


A Alcaldesa Inés Santos vén de publicar un bando anunciando a convocatoria para o ano 2019 das axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social (en réxime de concorrencia non competitiva)

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

Ter contratada a tarifa de último recurso TUR con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40%).

As actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas serán:

  1. Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade (calculado segundo o establecido no artigo 12 do Real decreto 897/2017), correspondentes á vivenda habitual do solicitante acollido á tarifa de último recurso (TUR) para consumidor vulnerable severo, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 30 de novembro de 2019 por unha comercializadora de referencia (COR) que teña asinado un protocolo de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para evitar os cortes de subministración.
  2. A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano, ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

O prazo de presentación da solicitudes é ata o día 30 de novembro de 2019.

Para máis información ou tramitación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Bando axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de suministro eléctrico