Formularios e Documentación


Neste apartado poñemos á súa disposición todos os documentos e a información necesaria para realizar os trámites relativos ao PAI do Concello de Tordoia

Pode consultar na seguinte ligazón a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo do punto de atención á infancia (PAI) de Tordoia, vixente dende febreiro de 2021.

Ordenanza reguladora 4-02-2021

Ordenanza fiscal 04-10-2017

Na seguinte ligazón, ponse a disposición o formulario de preinscripción no PAI municipal. No propio formulario pode consultarse toda a documentación anexa que debe presentarse xunto coa preinscripción cuberta.

Prazo presentación da documentación: do 3 ao 31 de maio de 2021 (ambos incluídos)

Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)

 

Impreso de preinscrición.

Unha vez que o neno ou nena é admitido no centro por primeira vez, debe entregarse o formulario de matrícula debidamente cumprimentado, xunto con:

  • 2 fotos de carné do neno ou nena
  • Fotocopia compulsada da tarxeta de Seguridade Social do neno/a
  • Fotocopia da cartilla de vacunas
  • Cerficidado de Numero de conta bancaria (onde se vaia cargar a mensualidade)
  • Fotocopia do DNI das persoas que vaian a recoller o neno/a

Prazo presentación da documentación: do 15 ao 30 de xuño de 2021 ( ambos incluídos)

Lugar de presentación da documentación: Punto de Atención á Infancia – Rúa do Emigrante nº 11

Impreso de matrícula.

Esta instancia debe entregarse cando os nenos e nenas renovan praza no centro. No propio formulario sinálase a información que debe entregarse xunto coa instancia cuberta. Da documentación descrita no formulario, so será necesaria presentar aquela que sufrira algún tipo de cambio con respeto a entregada no ano anterior.

Prazo presentación da documentación: do 15 ao 30 de abril de 2021 (ambos incluídos)

Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)

Impreso de reserva de praza.

Este formulario deberá cumplimentarse no caso daquelas persoas que solicitaran praza, pero finalmente non desexen formalizar a matricula; ou aquelas persoas que completaron a matricula, pero non vaian iniciar o curso.

Prazo presentación da documentación: Sempre antes do inicio do curso

Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)


DESCARGA WORD Formulario Renuncia de praza

No caso de que se desexe renunciar á praza concedida e formalizada unha vez iniciado o curso escolar, deberá presentarse este formulario debidamente cumprimentado.

Prazo presentación da documentación: En calquera momento do curso, sempre antes do remate do mes para que non se pase o cobro do mes seguinte.

Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)


DESCARGA WORD Formulario Baixa voluntaria

Todos os nenos e nenas deben desfrutar dun mes de vacacións durante o curso (dous prazos de quince días ou un mes seguido). Independentemente do mes que se colla de vacacións, o mes que non se cobrará a mensualidade será o mes de agosto.

Prazo presentación da documentación: En calquera momento do curso, pero tendo en conta que se debe entregar no rexistro como mínimo o día que se inician vacacións

Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)

Impreso de solicitude de vacacións.