Espectáculo de maxia na biblioteca municipal


A biblioteca municipal acolle este venres, ás 10.00 horas, a actuación do mago ourensán Deimi co seu espectáculo “A maxia está nos libros” para os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

Esta actuación consiste en números de maxia sorprendentes e variados relacionados sempre co mundo da lectura. Nesta sesión de entretemento trátase de interaccionar cos rapaces e rapazas para que entendan a lectura como unha experiencia máxica e chea de ilusión na que a variña máxica do humor non pode faltar.