Excursión dos maiores do Concello de Tordoia a San Andrés de Teixido


O concello de Tordoia ven de estar de excursión por San Andrés de Teixido e Puentedeume. Un total de 280 persoas viaxaron a este entorno en dous días consecutivos, nos cales participou o alcalde Antonio Pereiro e demais concelleiros e concelleiras do grupo de goberno.

Tras asistir á misa, o xantar tivo lugar nun restaurante de Valdoviño. Finalizada a comida, o grupo folclórico Faíscas da Pontraga puxeron a música para pasar unha amena tarde de baile e diversión.