Exposición das listas do Censo Electoral


O Concello de Tordoia informa de que en virtude da celebración o vindeiro 28 de abril de 2019 das Eleccións ás Cortes Xerais 2019, e en cumprimento da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, procederase á exposición ao público das listas do Censo Electoral deste Concello dende o 11 ao 18 de marzo de 2019, puidendo presentar os interesados, dentro do citado período, reclamación administrativa sobre os datos censuais.

A tal efecto, existen nas oficinas municipais impresos de reclamación que deberán ser asinados polos interesados achegando fotocopia de documento (DNI, pasaporte, permiso de conducir, etc).

Recoméndaselles especialmente a comprobación dos datos obrantes no censo ás persoas que recentemente cumpriron 18 anos ou que cambiaron de enderezo nestes meses.