Exposición do Censo Electoral do 30 de setembro ao 7 de outubro


Mediante Bando da Alcaldía, desde o Concello de Tordoia infórmase aos veciños e veciñas que tendo en conta que vindeiro 10 de novembro de 2019 vanse celebrar as Eleccións a Cortes Xerais, e en cumprimento da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, expóñense ao público as listas do Censo Electoral deste Concello dende o 30 de setembro ao 7 de outubro de 2019, puidendo presentar os interesados, dentro do citado período, reclamación administrativa sobre os datos censuais. A tal efecto existen nas oficinas municipais impresos de reclamación que deberán ser asinados polos interesados achegando fotocopia de documento (DNI, pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Por último, lémbrase ás persoas que recentemente cumpriron 18 anos ou que cambiaron de enderezo nestes meses a conveniencia de realizar a oportuna comprobación.