Falece o Alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares


A corporación municipal mostra o seu máis profundo sentimento de pesar e tristeza polo falecemento no día de hoxe de Antonio Pereiro Liñares, Alcalde-Presidente do Concello de Tordoia.

Antonio Pereiro ingresou mediante oposición como auxiliar de administrativo no Concello de Tordoia en agosto de 1968, pasando 16 anos despois a administrativo de Administración Xeral. En 1999 pasa á situación de excedencia especial por ser elixido Alcalde, encabezando a lista ás eleccións locais polo Partido Popular, e ostentando a Alcaldía de xeito ininterrompido desde entón. Exerceu tamén o cargo de Diputado Provincial entre os anos 2011 e 2013.

O velorio ten lugar no tanatorio de Pontepedra. Mañá a comitiva sairá ás 17.00 horas para dirixirse á Igrexa Parroquial de San Xulián de Cabaleiros, onde se celebrarán o funeral e posterior enterro.