Identifíca – T, espectáculo interactivo o mércores na Biblioteca Municipal


A biblioteca municipal de Tordoia programa para este mércores 25 de setembro ás 10.00 horas dentro do programa “Ler conta moito”, un espectáculo interactivo que ten como obxectivo que o público de 1º e 2º da ESO consiga identificar comportamentos que promoven a violencia machista.

Trátase de Identifíca – T, de Alba Bermúdez e Mariña López, que cunha estructura de concurso televisivo de carácter didáctico, amosa como estes comportamentos aparecen en distintos contextos como a música, a publicidade, as redes sociais e as relacións persoais.