Proba de sirenas das presas de Villagudín e San Cosmade


Os próximos Mércores e Xoves, 21 e 22 de febreiro de 2018 soarán as sirenas entre as 9:00 e as 18:00 horas nas proximidades das presas de Villagudín e San Cosmade( Concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia).

Xa que unicamente trátase dunha proba, a poboación non deberá realizar ningunha acción especial ao escoitala e poderá continuar normalmente coas súas actividades.

Gas Natural Fenosa, xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e Augas de Galicia, está a acometer a implantación do Plan de Emerxencia das presas de Villagudín e San Cosmade.

O obxectivo do devandito Plan de Emerxencia é o de incrementar as garantías de seguridade que xa de seu ofrecen as presas.

Dentro das medidas que establecen os Plans de Emerxencias inclúen a instalación dunha rede de sirenas dentro da zona de influencia das presas.