Programa de mobilidade transnacional xuvenil da mancomunidade de Ordes


Aberto prazo de solicitude e inscrición ó Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2019

  • Requisitos:

Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que se presente a solicitude.

Non ter participado en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

  • Lugar e forma de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse en ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, colgadas na web da Mancomunidade) no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Ordes aportando toda a documentación que establecen as bases.

  • Prazo de presentación de solicitudes:10 días hábiles contados a partir do seguinte do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios dos concellos de ORDES, OROSO, FRADES, CERCEDA, TRAZO, TORDOIA, MESÍA e na paxina web da DXXPV . Tamén se anunciará nas paxinas webs e nas redes sociais dos sete concellos.

A Mancomunidade de Ordes convoca as seguintes de mobilidades por países de destino:

  • MALTA (5).
  • ITALIA (5).
  • PORTUGAL (5).

 

Duración das mobilidades: 2 meses .

 

Mail de contacto: galeuropa@mancomunidadeordes.org

Teléfonos de contacto : 981680679/607642863

Máis información:www.mancomunidadeordes.gal

Na seguintes ligazos pódese descargar a documentación:

Descarga o PDF das Bases

Descarga o PDF Criterios de valoración