Programa Reina Letizia para a Inclusión


O Obxeto de este programa e mellorar as condicións educativas e formativas das persoas con discapacidade a través das axudas que Iles faciliten contar cos recursos de apoio e económicos suficientes para desenvolver os seus proxectos formativos ou profesionais.

Beneficiarias e requisitos: Persoas físicas con nacionalidade española ou residencia legal en España, de idade igual ou superior aos 16 anos e con discapacidade igual ou superior ao 33%, ou situacións asimiladas. Para cada unha das modalidades de axudas, ademais:

  1. Axudas para a asistencia técnica e persoal de apoio para a formación e a mellora das condicións educativas: ter necesidades de apoio para a inserción laboral; ter discapacidade intelectual ou discapacidade con trastornos do desenvolvemento e iniciar ou continuar estudos na universidade ou nalgún centro educativo ou formativo recoñecido oficialmente, ou que estean a iniciar unha primeira experiencia laboral en réxime de prácticas ou bolsas. Ata 10.000 c.
  2. Axudas para estudos de posgrao e máster: estar matriculados ou preinscritos en estudos de máster oficial ou curso de posgrao oficial. Ata 3.000 €.
  3. Axudas para mobilidade internacional: estar matriculados ou preinscritos en estudos de grao ou formación profesional de grao superior, máster ou curso de posgrao oficial. Ata 6.000 €.
  4. Axudas para mobilidade nacional: ser estudantes de grao ou equivalente elou alumnos/ as de máster elou posgraos oficiais, en centros cuxa sede non coincida co lugar de residencia orixinario. Ata 3.000 €.
  5. Axudas para o doutoramento: graduados universitarios/ as en posesión de máster ou titulación equivalente. Ata 10.000 €
  6. Axudas para a carreira docente ou investigadora: doutores cun proxecto investigador para desenvolver unha carreira docente superior ou investigadora. Ata 25.000 €

Prazo de presentación das solicitudes : Ata 0 5 de agosto de 2019.

Máis información: servizos sociais comunitarios. Servizo de atención e información sobre o Programa Reina Letizia para a Inclusión:

  • Teléfono – 915068945 • 915068946.
  • Correo electrónico – inclusionrpd@fundaciononce.es