Publicación da listaxe de participantes no proceso de selección de brigadistas e convocatoria de probas


O Concello de Tordoia informa da publicación da listaxe definitiva dos candidatos admitidos para as probas no proceso de selección de persoal para a brigada de incendios forestais, tanto para o posto de xefe de brigada e de peón e peón condutor.

Así mesmo, desde o Concello faise público o calendario das probas deste proceso:

  • Proba da mochila: luns 22 de xullo ás 12.00 horas no campo de futbol de “A Rega” (os candidatos deberán presentarse cunha mochila que debe de pesar un mínimo de 11 Kg. e roupa deportiva).
  • Proba teórica: xoves 24 de xullo ás 12.00 horas na Casa Consistorial do Concello de Tordoia.
  • Proba de lingua galega: os candidatos que non presenten a documentación que acredite o coñecemento da lingua galega deberan pasar un exame de coñecementos que terá lugar o día 30 de xullo.

Na seguinte ligazón, pode consultarse a listaxe de admitidos definitivos e o calendario das probas:

IR Á LIGAZÓN Aprobación da lista definitiva de participantes no proceso de selección de personal para a brigada de incendios forestais e convocatoria de probas