Réxime gratuíto de contas de pago básicas


O Alcalde Amadeo Cancela vén de informar mediante bando de que por Real Decreto se establece un réxime gratuíto de contas de pago básicas gratuítas para persoas en situación de vulnerabilidade ou con risco de exclusión financeira.

O obxecto deste Real Decreto é establecer un réxime de condicións das contas de pago básicas máis vantaxoso en materia de comisións en función da especial situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira dos titulares das devanditas cantas, consistente na gratuidade de determinados servizos, sobre contas de pago básicas, procedemento de traslado de contas de pago e requisitos dos sitios web de comparación.

As contas de pago básicas permiten realizar servizos bancarios como ter domiciliada a nómina, dispoñer dunha tarxeta de débito, realizar retiradas de efectivo en caixeiros e transferencias dentro da Unión Europea. O custo máximo desta conta non poderá ser maior de tres euros ao mes, en liña co doutros países de europeos, e cubre todos os servizos, cun límite para transferencias e domiciliacións de 120 operacións anuais. A entidade de crédito incluirá información relativa ás condicións para obter o recoñecemento da gratuidade da conta de pago básica por parte das persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión financeira.

Entenderase que un cliente se atopa en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión fínanceira cando:

a) Os ingresos económicos brutos, computados anualmente e por unidade familiar, non superen os seguintes limiares:

1. Dúas veces o IPREM de doce pagas, vixente no momento de efectuar a solicitude cando se trate de persoas non integradas en ningunha unidade familiar.
2. Dúas veces e media o IPREM cando se trate de persoas integradas nalgunha das modalidades de unidade familiar con menos de catro membros.
3. O triplo do IPREM cando se trate de unidades familiares integradas por catro ou máis membros ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa.
4. O triplo do IPREM cando se trate de unidades familiares con unha persoa con recoñecemento de grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Non concorra titularidade, directa ou indirecta, ou dereito real algún sobre bens inmobles, excluida a v,venda habitual, nin titularidade real de sociedades mercantís, por parte de ningún dos membros que integren a unidade familiar.

A tramitación deste réxime gratuíto de contas de pago básicas gratuítas para persoas en situación de vulnerabilidade ou con risco de exclusión financeira deberá realizarse nas entidades financieiras.