Convocadas as axudas destinadas para a matrícula nun máster para persoas desempregadas   ¡Novedad!


O Alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro Liñares, vén de promulgar nun bando municipal información sobre a publicación das bases reguladoras e a convocatoria das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades galegas para o curso 2019/2020.

O obxecto destas axudas é axudar a financiar os gastos derivados da matrícula e para acceder a elas, as persoas interesadas deberán:

1. Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde.
2. Ter rematados os estudos universitarios que lle dan acceso aos estudos do máster
universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
3. Estar matriculado/a no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
4. Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no no artigo 12 do Decreto 68/2018, do 21 de xuño (DOG núm. 128, do 5 de xullo) polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20.
5. Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

A contía da axuda cubre o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster, quedando excluídas deste importe as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tiver dereito o/a beneficiario/a.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de outubro de 2019.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Máis información nos servizos sociais municipais, cuios datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Convocadas as axudas destinadas para a matrícula nun máster para persoas desempregadas