O Concello de Tordoia é un dos 20 concellos seleccionados para o proxecto REDMAY


O Concello de Tordoia é un dos 20 concellos seleccionados para o proxecto REDMAY, dentro do Programa Operativo INTERREG V A España-Portugal (POCTEP).

Mediante éste proxecto, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia prestará os seguintes servizos de xeito gratuíto mediante profesionais habilitados legalmente a través dunha unidade móbil:

  • Servizos ópticos: prestaranse, entre outros, servizos de revisión e gradación da vista por unha persoa graduada en óptica e optometría.
  • Servizos de podoloxía: prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas) por unha persoas graduada en podoloxía.
  • Servizos de prevención de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, prestados por persoal especializado:

Realización de probas de valoración diagnóstica Exercicios e fichas de estimulación cognitiva Actividades de estimulación funcional.

Persoas destinatarias: maiores de 55 anos de edade.

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora)

Calendario: dende o 1 de ao 5 de xullo incluídos, 6 h diarias repartidas en horario de mañá e tarde.

Inscrición: Servizos Sociais Comunitarios: 981 690 001

Descarga do díptico na seguinte ligazón:

Descarga díptico