Visita ao concello de Tordoia de alumnos/as do Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa


O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, recibiu no día de hoxe a un grupo de mozos e mozas de entre 19 e 21 anos que están cursando o Ciclo Superior de Gandeiría no Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa, quenes viñeron para coñecer a labor que fan as concelleiras deste concello e tamén para animalos a que participen activamente na política local.

Esta visita encádrase dentro dunha iniciativa xove “Mozos do rural con proxecto”, financiada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

No faltou a visita aos lugares máis emblemáticos como son o dolmen Casa da Moura e a Pedra Longa.