Descubre a UE: billetes de tren gratuitos para mozas/os de 18 anos


Os mozos de 18 anos que sexan cidadáns da UE e gústelles viaxar, poden solicitar billetes de tren gratuítos do 7 ao 28 de novembro, grazas á iniciativa “Descobre a UE”, que apoia o Parlamento Europeo.

Como funciona?

Polo menos ao redor de 20.000 mozos gozarán da oportunidade de viaxar en tren por Europa entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2020. Calquera cidadán europeo nado entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2001 pode solicitar billetes en liña desde o 7 de novembro ao mediodía e ata o 28 de novembro, tamén ao mediodía. Para poder participar, os solicitantes tamén deben responder a un breve cuestionario.

Os participantes poderán viaxar durante un período mínimo dun día e un máximo de 30 días a polo menos un país estranxeiro.

As persoas con mobilidade reducida ou necesidades especiais poden solicitar axuda adicional, por exemplo, apoio para cubrir o custo dun acompañante ou can guía para as persoas con discapacidade visual.

Máis información no portal europeo da mocidade: https://europa.eu/youth/discovereu es

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Descubre a UE: billetes de tren gratuitos para mozas/os de 18 anos