O Concello informa de novas axudas da Xunta para nais e pais traballadores por conta propia


A través dun Bando da Alcaldía, o Concello de Tordoia informa da convocatoria das axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa, durante un período mínimo de un ano.

As persoas beneficiarias serán:

1. As persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, que teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na CA de Galicia, que gozasen dun período de descanso por nacemento e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.
2. As sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.

O gasto subvencionable por estas axudas será a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma cunha duración mínima de seis meses e durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento., cun importe de 500 € por mes completo.

Serán subvencionables as contratacións que se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

Para a presentación das solicitudes, estas deberán facerse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ata o 30 de setembro de 2019.

Para acceder a este formulario, pode seguirse a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade